futsal290518.jpgEste luns 28 de maio celebrouse a xornada final da Liga de Fútbol Sala promovida polo Concello de Negreira, onde resultou vencedor o equipo de Autoescola Antonio, que xa liderou a fase regular, e tras medirse na gran final ó Viajes Sant Yago, no Pavillón Municipal de Pedra Mámoa co resultado de 2 goles a 1, despois do engadido de cinco minutos de prórroga cun gol vital de Joaquín Becerra para desfacer a igualada a un gol que campaba no marcador desde o primeiro tempo da final, e faltando un minuto para rematala prórroga.

 

No partido polo terceiro posto, a vitoria correspondeu ó equipo de Construccións Quintáns que venceu 3-2 ó equipo de Merlego FS, que ocupou o cuarto posto da Liga.

 

Na entrega de trofeos participou o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, acompañado polo concelleiro de Xuventude e Deportes, José Daniel Casal Leis, e mailo primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, xunto coas concelleiras Educación, de Cultura e de Emprego, María Jesús Veiga Hortas, Flora Grille Novío e María del Mar García Vidal, respeitivamente..

 

Trofeos

 

Máximo goleador: Joaquín Becerra (Autoescola Antonio)

goleador290518.jpg

 

 

Porteiro menos batido: Mateo Couso Hortas (Autoescola Antonio)

porteiro290518.jpg

 

 

Mellor xogador: Joaquín Iglesias Calvo (Viajes Sant Yago)

xogador290518.jpg

 

Desde o Concello de Negreira, o noso agradecemento a tódolos equipos participantes na edición 2017/18 e agardámosvos na vindeira tempada.

 

powered by social2s