O Concello de Negreira será o promotor do “Programa de Emprego Mocidade 2020” xunto cos Concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra.
Contase coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a realización dun programa dirixido ás persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, con 16 prazas distribuídas nas seguintes área formativas; Fábrica de Albanelería, e Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinería, con 8 prazas para cada especialidade.
Este programa de emprego terá unha duración de 1 ano e a preselección tanto do persoal docente como de participantes farase na Oficina de Emprego Santiago Norte, onde serán preseleccionados aqueles que xa están inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e que demanden algún dos seguintes servizos; Escolas Taller, Casa de Oficios, Taller de Emprego, e outros programas de emprego formación dual.
Quen aínda non estea inscrito poderá facelo dirixíndose a citada oficina, e pedindo cita previa no seguinte link; https://emprego.xunta.es/citaprevia
A tramitación da oferta realizarase na maior brevidade posible, xa que a previsión de inicio será a mediados de setembro.
Para máis información a cerca deste proceso poden poñerse en contacto coas oficinas de emprego de cada Concello participante.
Concello de Negreira: 881 03 51 50 Concello de Val do Dubra: 981 88 90 00 Concello da Baña: 981 88 67 77 Concello de Santa Comba: 981 88 00 75