portada_copaAkai23052019.jpgO sábado 18 de maio, o Polideportivo Pedra Mámoa acolleu a sétima edición da Copa Akai, organizada por Ainhoa Rodríguez en colaboración co Concello de Negreira xunto á Federación Galega de Karate. Un evento no que se deron cita 500 deportistas de 31 clubs de Asturias, Cantabria, Madrid, Andalucía, Castela e León, A Rioxa, Galicia e Portugal, xunto á Selección Española e a Selección Galega.

 

A Selección Española formada por 8 deportistas Campións de España, e capitaneada polos seleccionadores nacionais Jonatan Hortas e Eduardo Flores, obtivo un total de 7 ouros, unha prata e un bronce. O total de ouros conseguidos pola Selección Española no campionato, fíxolles gañadores da Copa Akai Ryu, un trofeo que se lle outorga ano tras ano ao club ou selección que consiga máis ouros na competición.

 

O Club Waseda de Asturias conseguiu 5 ouros, seguidos polo Shihan (de Galicia) e o Ximnasio Areas (de Asturias), por tres.

 

Os resultados dos integrantes da selección española foron: Alejandra Gómez (ouro en Kata Infantil feminino), Elisey Yagudin (ouro en Kata Infantil Masculino), Iván Martín e Mario Parra (ouro e prata en Kata Xuvenil Masculino respectivamente), *Álex Morais (ouro en Kumite Infantil +45kg), Iván Montenegro (ouro en Kumite Xuvenil -54kg), Oihane Apelllaniz (ouro en Kumite Xuvenil feminino -42kg), Natalia Alonso ( Kumite Xuvenil feminino +52kg), Eva Otero (bronce en Kumite Xuvenil -52kg).

 

A Selección Galega, que participaba cun total de seis deportistas, obtivo 3 preseas con: Nicolás Carnota (prata en Kumite Infantil), Samuel Fontenlos (bronce en Kata Infantil) e Antón Souto (bronce en Kata Xuvenil).

 

Os anfitrións, deportistas do Akai Ryu, conseguiron os seguintes resultados:

 

Nicolás Carnota (competindo coa Selección Galega), logrou a prata en Kumite Infantil Masculino +45kg, tras perder a final por un axustado 1-0 contra o competidor da Selección Española. 

Nerea García, tamén se fixo coa prata en Kata Benjamin Feminino.

Ronsel Osorio, conseguiu a prata en Kumite Infantil -42kg.


Pola súa banda, Daniela Barbazán, alzouse co Bronce en Kata Alevin Feminino, igual que Aitana Pérez, que obtivo o bronce en Kata Alevin Feminino.
Aya Fathallah, obtivo o bronce en Kumite Junior +53kg, mentres que Markel Villaverde, Gabriel Furelos e Lle Zhou, perderon o bronce nas súas respectivas categorías, conseguindo finalmente quintos postos.

pie_copaAkai230519.jpg

powered by social2s