aculpa.jpgOs dous cómicos actúan en Negreira co seu novo espectáculo ¨A culpa é do sistema¨, este luns 30 de abril, véspera do festivo, a partir das 21.00 horas dentro do Ciclo de Teatro 2018. Neste espectáculo o público é o principal protagonista. Os asistentes escollen entre varias opcións cada vez que se plantexa una nova situación sobre o escenario. A temática non pode ser outra que a actualidade. Calquera acontecemento relevante pode ser tratado e analizado con ironía, ollo crítico e, sobre todo, humor.

 

As entradas custan 10 euros e están á venda na Delegación de Cultura, o restaurante Casa Barqueiro e a través da web ataquilla.com.

 

 

É un espectáculo no que o público marcará desde as súas cadeiras, os temas a tratar polos cómicos sobre o escenario, provocando improvisadas críticas sobre os últimos acontecementos da actualidade.

 

Cando se xuntan dous cerebros hiperactivos como os de Federico Pérez e Pepo Suevos, pode pasar de todo. O obxectivo concreto destes dous elementos era concebir unha peza que fixese escachar ao público coa risa, pero tamén a eles mesmos. E para iso, non se lles ocorreu nada mellor que facer do público o principal protagonista do espectáculo, como creativo, ademais de como destinatario.

 

Os asistentes á función poderán escoller entre varias opcións cada vez que se plantexe unha nova situación sobre o escenario, e os atrevidos actores terán que adaptar os contidos da obra á demanda do respetable.

powered by social2s