Fondo.JPG

O Alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, en nome da Corporación Municipal do Concello de Negreira, quere expresar as máis profundas condolencias e o fondo pesar polo triste pasamento de Luís Calviño Pueyo, quen fora concelleiro da Corporación entre os anos 2011 e 2015, sendo concelleiro de Cultura no Goberno.

O Concello de Negreira comunica que gardará un minuto de silencio na súa memoria, na vindeira sesión plenaria da Corporación, ao tempo que quere mostrar o seu pésame a familiares e achegados por tan triste perda dunha persoa moi vinculada con Negreira, municipio no que naceu no ano 1949.

powered by social2s