Na categoría de rapazada, a gañadora é Lidia García Cerviño, pola súa foto: No soutiño. Na categoría de maiores, a gañadora é Alba Maneiro Miguéns, pola foto presentada baixo o tíulo: Esfollando millo. Así, decidiuno o xurado do certame convocado polo Centro de Información á Muller, dependente do Concello de Negreira, que mostran a súa “satisfacción” pola elevada participación.
Noraboa a Lidia e a Alba por selas gañadoras dun concurso e polo que recibirán un premio consistente nun vale por valor de 100 euros, respectivamente, para compras no comercio de Negreira.
As fotografías debían ter, polo menos, a unha muller como protagonista, con especial atención a aquelas fotografías que plasmen as actividades de agricultura e gandería ou que se enmarquen no ámbito rural.
Con este concurso búscase reinvidicar o papel fundamental das mulleres no rural.