Ao amparo do Plan Territorial de Emerxencias da Xunta de Galicia e mailo Real Decreto de estado de alarma, dende o Servizo de Emprego de Galicia, en coordinación co Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), acordouse as seguintes medidas:

 

- Non será necesario renovar a demanda de emprego (renovación do paro), ata o día 30 de abril de 2020.

 

- Se o cidadán precisa facer algún trámite urxente coa súa demanda de emprego, deberao facer a través da oficina virtual ou chamando ao 012.

 

- As oficinas de emprego permanecerán pechadas ao público.

 

- Quedan suspendidas as citas presenciais de Orientación laboral.

 

- Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión da actividade educativa, as accións de formación profesional para o emprego que son xestionadas ou financiadas pola Xunta, os obradoiros de emprego e os programas integrados de emprego.

 

 

Ademáis, é preciso que teñas en conta que, no que se refire ás Oficinas de Prestacións dependentes do SEPE:

 

- Non se terán en conta os prazos establecidos para solicitar a prestación ou subsidio. O dereito á prestación ou subsidio queda plenamente garantido sen ter que cumprir os prazos habituais para solicitalos.

 

- Habilitaranse canais para a recuperación da demanda de aquelas persoas inscritas con anterioridade ou para facilitar, no seu caso, a inscrición inicial.

 

- Non se esixirá a acreditación da búsqueda activa de emprtego na solicitude de subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.

 

Fonte: Emprego Galicia (Xunta de Galicia).

powered by social2s