Servizos Tributarios 2

Ata o momento o pagamento de impostos coma o Imposto de Bens Inmobles (IBI) e o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), que os concellos delegan na administración provincial, realizábase nun único prazo de forma xeral. Ademais, tamén se establece a opción de pagar en dous prazos en período voluntario, para os contribuíntes que o prefiran.

 

Os contribuíntes interesados en acollerse ao pago a prazos poden solicitalo en liña ata o 30 de abril na Oficina Virtual Tributaria (OVT) ou de forma presencial en calquera das oficinas tributarias da Deputación da Coruña

Co obxectivo de facilitar o cumprimento das obrigas tributarias, establécese este sistema especial de pagamento de cotas por recibo que permitirá a quen se acolla flexibilizar os ingresos correspondentes ao periodo voluntario, puidendo dividir o pagamento en 10 mensualidades a partir de 2022 e 7 prazos durante este primeiro ano de vixencia.

 

As e os contribuíntes interesados/as en acollerse a este plan individualizado deberán presentar a súa solicitude antes do día 30 de abril de 2021. Poderán solicitalo a través da web da Deputación www.dacoruna.gal (Servizos Tributarios/Impresos), da Oficina Virtual Tributaria (OVT) ou en persoa a través de calquera das oficinas tributarias da Deputación da Coruña.

 

Os modelos de solicitude poden solicitarse tamén a través do teléfono gratuíto 900 132 204 ou do correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Dous períodos de pagamento en período voluntario

Entre as novas medidas tamén se establecen dúas datas de pagamento voluntario, o que permitirá á cidadanía que prefira pagar os seus recibos dentro do período voluntario, facelo en dúas metades.

 

Para calquera dúbida ou consulta, a Deputación mantén aberto o Servizo de Atención ao Contribuínte a través do teléfono gratuíto 900 132 204 e do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., así como a Oficina Virtual Tributaria (https://www.dacoruna.gal/servizos-tributarios/oficina-virtual/) na que se poden realizar trámites, consultas e xestións as 24 horas do día, os 365 días do ano.

powered by social2s