paxariños

O Día das Candeas ou Día da Candeloria, celébrase cada 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera.


Pola Candeloria, medio inverno vai fóra, di o refraneiro popular galego; sendo o momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o "estourido" de vida que está por chegar cara á agardada primavera.


A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa, di o refrán, para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral...
Como cada ano pola Candeloria, o Servizo de Normalización Lingüística do Agrupamento A Baña - Negreira, repartiu adhesivos entre o alumnado do IES Xulián Magariños, dos últimos cursos do CEIP O Coto e a todo o alumnado de Secundaria do CPI DE San Vicenzo da Baña; cunha imaxe do día en que casan os paxariños, baixo o lema: Quen puidera namorala!


Feliz día do casamento dos paxariños!

powered by social2s