A unidade móbil de doazón de sangue vaise a desprazar a Negreira, este luns, día 11 de maio, en horario de 9:30 a 14:30, e de 16:00 a 21:00 horas, permanecendo estacionada diante do Centro de Saúde.

 

Todas as persoas que desexan doar sangue deben chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828, mediante o sistema de cita previa para facilitar o acceso dos doantes e respectar escrupulosamente as medidas establecidas no Real Decreto 462/2020 do 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), impulsou medidas para garantir a continuidade deste servizo esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais galegos. Do seu traballo depende a colaboración diaria dos concellos e aínda máis nestas circunstancias.

 

As persoas que acudan a doar sangue, poden amosar a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar o motivo do seu desprazamento. Na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.

 

Agradecemos a constante colaboración, vital para acadar as doazóns de sangue que se precisan cada día para axudar a milleiros de doentes.

powered by social2s