medio ambiente frea o parque eolico alvite

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do dictame da Dirección xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, argumenta a negativa para continuar coa súa tramitación en varias circunstancias. A máis determinante, o alto nivel de ocupación en canto a número de aeroxeradores existentes neste territorio situado nos límites dos concellos de Negreira, Mazaricos e Santa Comba. Din os informes, que de construirse crearía o chamado efecto pantalla ou de barreira para a avifauna e para o mantemento do hábitat natural da zona. A declaración de impacto ambiental desfavorable data do pasado día 19 de xaneiro dos actuais.

 

O parque eólico Alvite tiña proxectado nove aeroxeradores, con 40,5 megawatts de potencia e un investimento de 32 millóns de euros por parte da empresa promotora, Green Capital Power, do grupo madrileño Capital Energy.

 

Sen embargo, as boas novas non son completas, pois non sucede o mesmo co proxecto do parque eólico Alvite II, no que a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, María Sagrario Pérez Castellanos, resolve asinando unha declaración de impacto ambiental (D.I.A.) favorable, considerando que o proxecto “é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condocionado que figura ao longo do documento”, e que foi emitido o venres, día 20 de xaneiro.

 

Anteriormente, tamén foron informados favorablemente outros dous parques eólicos con afectación no noso territorio. Trátase dos proxectos Banzas (nove aeroxeradores) e compartido con Outes e Mazaricos, e Troitomil (cinco aeroxeradores), maiormente en territorio da Baña, e con afectación dun aeroxerador en Negreira.  

powered by social2s