O Concello de Negreira rematou o reparto de máscaras do modelo FFP2 - KN95 a toda a poboación censada no noso municipio, pero como queira que se deu o caso de vivendas onde non había persoas, infórmase que poderán solicitalas por teléfono nas oficinas do Concello (981 88 52 50) ou ben no número da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Negreira (673 35 99 36), para que lle sexan entregadas conforme ao establecido no reparto a toda a cidadanía.

 

Asemesmo, lémbrase que o Concello seguirá facilitando máscaras de protección individual a aquelas persoas vulnerabéis que o precisen para unha visita ao médico ou atención sanitaria, para o cal deben chamar ó Concello en horario de mañá, e posteriormente seránlles entregadas por voluntarios de Protección Civil.

powered by social2s