DSC_1125.JPGUn total de doce establecementos de restauración de Negreira participarán neste evento gastronómico que organiza o Obradoiro Xallas-Barcala-Dubra IV, en colaboración co Concello de Negreira, dende o venres 3 ao domingo 5 de maio.

 

Os establecementos participantes son: Parrillada A Nosa Taberna; Tapería A Esmorga; Cervecería O Cotón; La Colombiana; Bar Porto; Galaecia; Restaurante Os Arcos; D’Tapas; Peter; Bar Fontana; Cafetería Casa da Cultura e Bar Oriel.

 

O evento foi presentado hoxe na Casa da Cultura nun acto no que participou o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, quen agradeceu ao alumnado-traballador e a súa profesora, o esforzo que están a realizar para a promoción da ruta. Ao acto tamén asistiron hostaleiros, entre eles José Antonio Villar, do bar Fontana, quen animou ao público a participar no evento.

 

Un dos atractivos a maiores será a participación de grupos de música tradicional nos cantos de taberna por cada local participante, sendo ésta a primeira vez que se celebra en Negreira. Os grupos convidados son: Os ke hai, da parroquia estradense de Callobre; Os regatos de Callobre, tamén desta parroquia do concello da Estrada, creadores do festival Folk de raíz, así como o grupo Maravallada, que chegan de Pontevedra con proxectos da cultura tradicional e cantos de taberna e panxoliñas. Aos tres está previsto que se lle sume un grupo a maiores aínda por confirmar.

 

DSC_1131.JPG

 

Horarios

 

O público terá a disposición as tapas dende o venres pola tarde de 19:00 a 22:30 horas; e o sábado e o domingo, dende ás 12:00 ata 15:00 e dende as 19:00 ata 22:30 horas.

 

Tódolos establecementos participantes, a solicitude do cliente e logo de consumir a tapa, están obrigados a selar o “Tapasporte”, o cal poderase recoller na Casa da Cultura, ou en calquera dos establecementos adheridos ao concurso.

 

Entre todas as tapas presentadas, escollerase o establecemento gañador segundo a puntuación acadada. O reconto da votación dos tapasportes será público e terá lugar na Casa da Cultura, o mércores día 8 de maio. O resultado darase a coñecer ese mesmo día durante o programa radiofónico “Viaxa con Nós”, a partir das 13:00 horas en Radio Negreira e nas RRSS de “Viaxa con Nós”.

 

Os premios -tanto para o establecemento gañador coma para o público participante- consistirán nunha peza de artesanía elaborada por un artesán local e un bono canxeable en “Viaxes Tambre” de Negreira.

 

DSC_1129.JPG

powered by social2s