endaterra negreira

O sábado 27 de agosto poderemos disfrutar en Negreira de ❞𝐄𝐧𝐝𝐚𝐭𝐞𝐫𝐫𝐚❞, un espectáculo en directo que fusiona baile e música tradicional con teatro e recursos audiovisuais. Será no 𝐏𝐚𝐯𝐢𝐥𝐥𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐏𝐞𝐝𝐫𝐚 𝐌𝐚́𝐦𝐨𝐚 𝐚́𝐬 𝟐𝟐:𝟎𝟎 𝐡.


A produción, dirixida por Henrique Peón, conta coa participación dun elenco dunhas oitenta persoas, con músicos, bailaríns, o coro e as pandereteiras da agrupación 𝐗𝐚𝐜𝐚𝐫𝐚𝐧𝐝𝐚𝐢𝐧𝐚 𝐨𝐮 𝐨 𝐠𝐫𝐮𝐩𝐨 𝐝𝐞 𝐚𝐜𝐨𝐫𝐝𝐞𝐨́𝐧𝐬 ❞𝐎𝐬 𝐝𝐨 𝐅𝐨𝐧𝐝𝐨 𝐝𝐚 𝐁𝐚𝐫𝐫𝐚❞. Tamén participan as actrices Lucía Veiga e Marita Martínez.


“Endaterra” é un cóctel artístico moi atractivo que fusiona música e baile tradicional con teatro e recursos audiovisuais.


O fío condutor deste espectáculo son o Camiño Inglés e o de Fisterra-Muxía. E en base a historia dunha peregrinación dunha aristócrata inglesa e a súa doncela vaise encetando un “camiño” cheo de danzas, cancións, tradicións, etc.


Patrimonio inmaterial, cultura tradicional que será protagonista. Moitos foron tesouros conservados polas recolleitas do propio Peón, que ten moita vinculación coa Costa da Morte. “Endaterra” conta cunha banda sonora exclusiva para o evento, composta por Ismael Marcos e Francisco Barcia.


Para poder asistir é necesario retirar os convites na 𝗗𝗲𝗹𝗲𝗴𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗲 𝗖𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮 𝗲 𝗗𝗲𝗽𝗼𝗿𝘁𝗲𝘀 antes do venres 26 de agosto ás 14:00 h. ou anotarte na seguinte ligazón:
https://forms.gle/BEZk35AFqhmuPh9G6

powered by social2s