A Corporación Municipal de Negreira aprobou cos sete votos a favor do grupo de goberno (PSdG-PSOE), e maila abstención dos seis concelleiros do Partido Popular; o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+2022.


O goberno municipal reserva unha contía de 253.027,49 euros destinada a gasto corrente. Dentro da achega provincial de 2021 se inclúe os seguintes proxectos: Mellora dos accesos ás igrexas de Gonte e Xallas, e un vial en Campos, por 63.754,43 euros, e maila humanización do adro da igrexa de Liñaio, por 82.848 euros, e que fan un total de 146.602 euros de investimentos.

 

Dentro do Plan Complementario 2022 inclúense os seguintes proxectos por un montante de 652.704,02 euros:


• Aglomerado de vía municipal dende a DP-5602 en Vilaserío á DP-5604 en Pesadoira, por 94.612 euros.

• Pavimentación e recollida de pluviais na avenida Xulián Magariños e en Campos, por 130.735 euros.

• Asfaltados de vías municipais en: Porqueira; Maio Grande-Liñaio; Rons-Pedralonga; Fontemirón-Portor; Quintenla-Vilaserío; a Igrexa de Campolongo, e Vilar de Arriba. En total: 156.743 euros.

• Aglomerado de vía municipal dende A Chancela ata A Barquiña (AC-447), por importe de 173.509 euros.

• Reurbanización do camiño do Cancelo a Cobas, por 97.102 euros.


Por último, aprobouse por unanimidade da Corporación, o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+ADICIONAL 1/2022 Gasto social extraordinario, por un montante de 88.559 euros para a ampliación e dotación das partidas municipais destinadas a axudas de emerxencia ás persoas soas ou familias en risco de exclusión social, persoas con diversidade funcional, mulleres en risco de exclusión social ou vítimas da violencia de xénero. Tamén se destinan fondos a ampliar o servizo de axuda no fogar.

powered by social2s