As competencias do Concello de Negreira en materia deportiva teñen como marco o fomento da actividade física para todos, mediante a elaboración de plans de promoción dirixido os diferentes sectores da poboación. Contamos cunha rede de instalacións de primeiro nivel que favorecen o fomento duns hábitos saudables.
O Concello de Negreira recoñece as funcións do deporte como elemento fundamental na formación integral e mellora da calidade de vida do cidadán e como favorecedor da cohesión social. Dende a Delegación de Cultura e Deporte, xestiónase esta área co fin de posibilitar o dereito de toda a cidadanía a coñecer e practicar actividade físicodeportiva axeitada aos seus intereses e características individuais.
A Delegación de Cultura e Deportes desenvolve un modelo deportivo baseado nos seguintes principios:
Colaboración entre o Concello e o asociacionismo deportivo como piar básico para acadar un sistema deportivo participativo, amplo e diversificado.
Calidade, entendida como a práctica físico deportiva en condicións de saúde e seguridade en base á cualificación dos profesionais que a dirixen e ao axeitado estado dos espazos, equipamentos e instalacións deportivas.