A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desplazarase ao concello de Negreira nas seguintes datas:

 

1 – Do 27 ó 28 de xuño, no campo da festa de Pesadoira, na parroquia de Alvite.

2 – Do 29 de xuño ó 1 de xullo, no campo da feira de Negreira.

O horario de atención será de 09:00 a 13:30 horas, e de 15.15 a 18:00 horas, agás o día 1 de xullo que será o horario só de mañá.

Para solicitar cita previa, pódese chamar por teléfono ó 902 30 90 00, ou ben a través da web: www.sycitv.com, no apartado de cita previa.

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

powered by social2s

O Concello de Negreira programa un concerto do grupo de cámara Minuetto, co gallo da festividade das Letras Galegas 2016 mediante unha actuación que terá lugar na Praza do Concello, o vindeiro 17 de maio, a partir das 13:00 horas.

 

Devandita actuación vai a incluir unha lectura de poemas do poeta barcalés, Xosé M. López Ardeiro, entre peza e peza musical, polo que faise un chamamento a todos aqueles que queirades participar coa lectura de poemas seus, a que o comuniquédes previamente na Delegación de Cultura, na primeira pranta da Casa da Cultura, ou ben chamando ao número de teléfono: 981 885 886.

A iniciativa trata así, de apoiar o acordo plenario da Corporación Municipal de Negreira para a candidatura das Letras Galegas 2017 adicadas ó poeta Ardeiro, solicitude que o Concello de Negreira debe trasladar ó plenario da Real Academia Galega.

Banda Ateneo

As actividades das Letras Galegas 2016 en Negreira terán a súa continuidade, o sábado día 21 de maio, cun concerto especial da Banda Ateneo de Negreira, ás 20:00 horas, no Auditorio de Negreira, interpretando música de Andrés Álvarez, Simón García, Alejandro Montes e Raúl Martín Niñerola, director da Banda.

powered by social2s

O Concello de Negreira informa que debido a unha avaría na boca de rego da avenida de Santiago, este xoves día 21 de abril, de 15:30 a 17:30 horas, producirase un corte no fornezo de auga potable da traída municipal que afectará a tódolos números impares da devandita avenida, dende o número 39 ó 87, inclusive Talleres San Mauro, e máis o número 68 de A Chancela.

 

A rede considerarase en presión a todos os efectos e, a para calquera consulta, os veciños poden chamar ós seguintes números de teléfono: 626 986 941 e 981 881 569.

powered by social2s

Negreira acolle esta fin de semana unha máis ca compreta oferta para o tempo de lecer, que conxuga cultura, deportes e festa. No eido cultural, tres son as citas incluídas na penúltima fin de semana do Ciclo de Teatro. Hoxe ás nove da noite, dende Muros, o grupo Aquelando Teatro representa a súa obra ¨No día a día¨, unha comedia con grandes doses de autocrítica e que móstranos o día a día dunha vila mariñeira. E ás once da noite, o Café Fontana (rúa do Corzán), acolle o monólogo ¨No pensar¨, a cargo de Carlos Meixide, dentro da colaboración co Ciclo de Teatro.

 

Estrea

A terceira e última cita teatral atopámola no sábado ás nove da noite, tamén no Auditorio. Chega a agardada estrea da última montaxe de Debullando Teatro, o grupo de adultos da Escola Municipal de Teatro. ¨Old Town¨, é unha comedia dramática ambientada no salvaxe oeste, cuxo leit motiv é a vinganza. Con textos e dirección de Sandra Lesta, todo o plantel de actores e actrices interveñen na obra, dirixida ó público maior de 12 anos.

Aventura

O deporte, sobre todo de aventura, terá a Negreira como base de operacións do vixésimo sexto Campamento Galego de Descenso de Canóns, promovido pola Federación Galega de Espeleoloxía e mailo Club Deportivo Luz Verde, de Arteixo, coa colaboración do Concello de Negreira e, grazas ao traballo de organización do alpinista Rubén Suárez Carballo. Sábado e domingo, os máis de medio cento de participantes percorrerán lugares coma os barrancos do Corzán, na parroquia de Lueiro, e outros como San Paio, Ribeiriños, Gasolfre ou Santabaia, entre os concellos de Mazaricos e Outes, ou o do Xallas, en Dumbría. O sábado pola noite haberá unha cea de confraternidade.

E paralelamente, este sábado celébrase a cuarta Marcha BTT do Val de Barcala, polo veciño concello de A Baña, aínda que a saída e chegada estará no Comprexo Deportivo de Pedra Mámoa.

San Xurxo

A tradicional festa na parroquia de Gonte é o compremento perfecto a tanta actividade cultural e deportiva en Negreira. O sábado é o día grande, con misas dende as dez da mañá. Na sesión vermú actuarán Os Atrevidos de Barcala, e haberá un concerto a cargo da Banda Ateneo de Negreira, baixo a dirección de Raúl Martín Niñerola. Pola noite, segue a festa coa orquestra Abanico.

E para rematalo finde, o domingo, día de San Xurxo Pequeno, máis misas, poxa dos pés de porco e vermú amenizada pola agrupación musical Tíralle do aire. Este ano o recinto da festa foi aocndicionado polo Concello e haberá unha carpa e, mesmo tamén unha pulpeira.

powered by social2s

A Federación Galega de Espeleoloxía, en colaboración co Club Deportivo Luz Verde, de Arteixo, van levar a cabo esta fin de semana no concello de Negreira, o seu XXVI Campamento Galego de Descenso de Canóns, unha quedada de barranquismo na que colabora o Concello de Negreira xunto coa Confederación de Espeleología y Cañones, e mailo Concello de Arteixo.

 

O deseño das actividades e a organización foille encargado a un especialista en barrancos como é Rubén Suárez Carballo, coautor da publicación ¨40 Aventuras al final del Camino¨, no ano 2003, que supuso que a Federación Galega de Espeleoloxía déselle importancia  a todos os barrancos abertos nesta zona, reequipándoos con descolgues e, onde Rubén Suárez foi un activo aperturista con Andrés Villar.

Neste tipo de campamentos adoitan a participar arredor dun cento de deportistas, sendo o barranco do río Corzán, na parroquia de Lueiro, un dos lugares nos que levaránse a cabo as actividades, tanto o sábado 23 coma o domingo 24 de abril, pernoctando en establecementos da vila de Negreira.

powered by social2s