coleccionistas3.jpgMarcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay, reinterpretan a historia da arte en Coleccionistas, a comedia que poderemos ver este venres 20 de abril, ás 21 horas no Ciclo de Teatro que desenvólvese no Auditorio do Centro Sociocultural. Este novo espectáculo de comedia cargado de sorpresas ven de estrearse a pasada fin de semana na Illa de Arousa, polo que a cita deste venres en Negreira será a segunda da xira.

 

Os espectadores asistirán en cada función ás máis orixinais reinterpretacións dalgunhas das obras de arte máis coñecidas. Pereiro, Digón e Romay encargaranse de describir con todo luxo de detalles a historia, o anecdotario ou o proceso de creación de cada un dos cadros, cando non a vida do artista.

 

Comedia e arte mestúranse nun espectáculo irrepetible que conta ademais coa música en directo do mestre Cristian Leggiero, que acompaña o relato de cada unha das obras seleccionadas polo público.

 

Oswaldo Digón dirixe este novo espectáculo no que participa Ainé Producións, e que tamén terá unha vertente solidaria, xa que o público participará realmente nesa poxa, achegando a súa oferta para levar un dos cadros ao saír do teatro. O importe recadado será destinado a unha entidade social sen ánimo de lucro de cada municipio no que actúen.

powered by social2s