O venres día 1 de febreiro no Auditorio do Centro Sociocultural, celebraremos a oitava edición da Gala do Deporte ¨Concello de Negreira¨, coa entrega duns premios que recoñecen os méritos deportivos entre a veciñanza do noso concello, quenes co seu esforzo e compromiso levan o nome de Negreira por toda Galicia e tamén por España adiante, outorgados por un xurado integrado por un representante de cada clube, os técnicos municipais de Deportes e o director de Radio Negreira.
A 8ª Gala do Deporte comezará ás 21:00 horas e, ademáis dos recoñecementos aos méritos deportivos, tamén haberá actuacións musicais e exhibicións, nunha gala cunha duración aproximada de 90 minutos.
Os galardoados/as na sétima edición foron:
Mellor deportista do 2017 - Rodrigo Iglesias (fútbol).
Mellores deportistas promesas – Alba Cuns Iglesias (atletismo), e David Rico (kárate).
Mellor equipo – Escola Akai Ryu (kárate).
Recoñecemento á traxectoria - Carolina Vázquez Angulo (kárate).
Recoñecemento colaborador co deporte – Hermanos Mallón, SL.
Mención especial do xurado - Pablo Carnota Brenlla, a título póstumo.