O Concello de Negreira entregou os seus recoñecementos anuais no eido do deporte local, durante a sexta Gala do Deporte celebrada o pasado venres 3 de febreiro, no Auditorio do Centro Sociocultural e, cuxo padriño de honra nesta ocasión foi o ex porteiro do Real Club Deportivo de A Coruña, o camerunés Jacques Songo’o, campión da Liga Española 1999/2000 quen entregoulle ao alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, unha camiseta asinada do Dépor.

 

 

 

Foi unha gala cargada de emotividade, sobre todo na súa parte final pola entrega do recoñecemento a título póstumo pola súa colaboración co deporte a Jesús Mancebo Rojo, ciclista finado no mes de setembro nun atropelo mortal en Brandomil, pola súa contribución como membro fundador do club Ciclista Negreira, sendos os seus fillos, Ana e Luis, os encargados de recollelo recoñecemento de mans do alcalde, Jorge Tuñas Caamaño.

 

Emotiva foi tamén a entrega do recoñecemento especial, a proposta do xurado para esta edición e, por unanimidade, a un veciño de Negreira que, grazas a súa rápida e intervención nun encontro de fútbol, foi quen de salvarlle a vida a un xogador do equipo contrario. Referímonos a Jesús Rey Ferreiro, máis coñecido por Chito, a quen Jorge Valls Pombo, o compañeiro de Boiro a quen Chito axudou naquel fatídico partido, entregoulle este recoñecemento. Ambos fundíronse nun gran aperta, na que sen dúbida, foi a imaxe da gala, perfectamente recollida por Abraham Fotógrafos. Xunto a eles dous, tamén suviron ó escenario os demais compañeiros presentes do Negreira Veteranos e mailo Mobles Guadalupe, entre os cales xurdiu unha amizade difícil de rachar.

 

A sexta Gala do Deporte comezou coas palabras de benvida do concelleiro de Deportes, Xuventude e Participación Cidadá, José Daniel Casal Leis, para acto seguido entregarse o primeiro ao mellor clube de 2016 ó equipo de veteranos + 45 do club de Tenis Negreira, que no pasado ano conqeuriu o título de campións galegos de veteranos, sendo o seu presidente e capitán do equipo, Jesús Mariño, o encargado de recollelo xunto a outros membros do clube, e que foilles entregado pola concelleira de Servizos Sociais e Educación, María Jesús Veiga Hortas.

 

O recoñecemento á traxectoria deportiva, recaeu en José Manuel García Estévez, presidente-fundador do club Atletismo Negreira, e un claro exemplo de traballo e esforzó polos demais, e sempre pelexando por introducir aos nenos/as no mundo do atletismo e tratar de enganchalos a este difícil deporte.

 

O terceiro recoñecemento foi para a mellor deportistas promesa de 2016. Foi para a xove ximnasta Valeria Torreira González, pertencente ó club Ximnasia Rítmica Compostela e que ten unha importante proxección, destacando pola súa madurez e mailo seu afán de superación. Os seus inicios neste deporte foron eiquí, na Escola Municipal de Ximnasia Rítmica.

 

E o recoñecemento á mellor deportista do 2016 levouso Alba Vázquez Corzón. Con 14 anos, esta karateca da Escola Akai Ryu, acapara todo tipo de eloxios pola súa progresión. En marzo do pasado ano converteuse en subcampiona de España, de kumite xuvenil, nos Campionatos de España celebrados en Murcia, como integrante da Selección Galega de Kárate. Recentemente, tamén foi premiada como mellor deportista na gala da Federación Galega de Kárate.

 

Cada ano recoñécese a labor dos clubes de Negreira, polo que este ano houbo unha merecida homenaxe ó Akai Ryu, que foi creado no ano 2011 e que participa en infinidade de torneos de ámbito nacional e internacional, e organizando eventos como é a Copa Akai Ryu, ou adestramentos e competicións da Federación Española de Kárate. Carla Rodríguez, adestradora do clube foi a encargada de subir a recollelo recoñecemento de mans do concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Ángel Leis Míguez.

 

Actuacións

 

A Gala do Deporte contou este ano coas actuacións en directo do cantautor Richo, e coas exhibicións a cargo dun dos mellores especialistas de freestyle con balón de España como o vigués Dani Comesaña, ademáis da actuación do grupo de rapazas da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, dirixidas por María Fernández, e dun dos mellores ximnastas de Galicia como é Miguel Fernández. O colofón á gala púxoo a actuación de Raquel Oitavén (Duelirium), coas súas acrobacias áereas. 

powered by social2s