Preto dunhas douscentas persoas deron o pasado sábado visibilidade ás actividades para rexeitar a violencia machista no noso concello. Por quinto ano consecutivo, a veciñanza camiñou polo paseo fluvial e as principais rúas da vila ata chegar á Casa do Concello, onde houbo tempo para facerse unha foto de grupo de todas/os quenes participaron, entre quenes estaban concelleiras/os da Corporación Municipal.

 

Entre as actividades organizadas con motivo do 25N, o sexto Concurso Loita contra a violencia de xénero, convocado entre os escolares do concello. Segundo a decisión do xurado, no de relatos curtos o premio (un vale agasallo por importe de 100 euros), foi parar ás mans de Iria Freire Agra, alumna do IES Xulián Magariños, e que presentouse baixo o pseudónimo de Peonía. A concelleira de Emprego, Muller e Igualdade, Mar García Vidal, entregoullelo premio. Na modalidade de cartaces gráficos, a gañadora foi Carla Diez Granja, baixo o pseudónimo de cdmegag10, cun premio consistente nun vale agasallo que lle foi entregado polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño.

 

A lectura do texto gañador por parte das dúas premiadas deu paso a un chocolate con rosca por xentileza de Panadería Xallas coma colofón a unha semana cargada de actos relacionados co 25N. Deixámosvos un audio do que deu de si o acto.

 

AUDIO

 

Asemesmo, cabe lembrar que o venres desenvolvíase un acto no Auditorio do Centro Sociocultural, en memoria das vítimas das violencia machista, a cargo da Asociación de Empresarios de Negreira.

 

powered by social2s