A sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal de Negreira aprobou por unanimidade tódolos asuntos da orde do día, comezando pola constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, formada pola concelleira da Muller, unha técnica municipal, así como representantes da Policía Local e Garda Civil e, representantes dos centros educativos (colexio O Coto e instituto Xulián Magariños). A periodicidade das súas xuntanzas será semestral.

 

O Pleno convalidou o convenio de colaboración entre os concellos de Santa Comba, A Baña, Negreira e Val do Dubra, de data 22 de marzo, agrupación mediante a cal accederán a subvencións da Xunta en materia de fomento do cooperativismo a través da Rede Eusumo. Tamén ratificouse o convenio de colaboración entre os concellos de Negreira e Val do Dubra para a participación conxunta nun programa de mobilidades transnacionais para prácticas laborais de mozos e mozas no extranxeiro, do que xa hai 22 persoas preinscritas. Os países de destino son: Portugal; Finlandia e Reino Unido.

A sesión deu luz verde á solicitude de bonificación máxima na cota do ICIO formulada pola empresa Gestión del Valor y Soluciones, S.L., para construir unha nave na parcela 28 do Polígono Empresarial. Acordouse concederlle a bonificación fiscal máxima do 95% acorde ao que inclúe a ordenanza municipal.

Propostas

A proposta do grupo municipal de Cidadáns, sobre a creación dun Intercambiador Modal de Transporte de Viaxeiros na zona próxima ó IES Xulián Magariños, foi aprobada por unanimidade, se ben, vaise estudar o anteproxecto xa redactado polos técnicos municipais na pasada lexislatura e avanzar de cara a súa futura execución, aproveitando a apertura da estrada entre o instituto e maila avenida de Santiago, un proxecto actualmente paralizado.

Cidadáns tamén demandou mediante outra proposta, unha solución á parálise que sofre a depuradora de Marcelle para a súa posta en funcionamento, xunto á limpeza periódica da finca na cal ubícase. O alcalde, Jorge Tuñas, díxo que o Concello vai a ordear a súa limpeza, ademáis de falar cunha empresa para poñela depuradora en funcionamento e que se elabore un censo para saber cántas vivendas están conectadas á mesma.

Rogos e preguntas

O Partido Popular solicitou un punto de luz para o lugar de O Rapote, por onde transcorre o Camiño de Fisterra, na parroquia de Broño, así como que o alcalde xestione coa adxudicataria da Piscina Climatizada, a posibilidade de que os usuarios/as da Fundación de Discapacitados Psíquicos Comarca de Barcala, poidan realizar actividades na mesma. O PP preguntou en qué estado atópase a solicitude para a implantación dunha biblioteca móbil aprobada polo Pleno, así como onde se atopan e porqué sacáronse as farolas do paseo fluvial. Igualmente, solicitouse información sobre o estado en que se atopa a moción aprobada polo Pleno sobre os camiños do Marco do Cornado e Braña da Pontella, ademáis de preguntar cando se van trasladar «definitivamente» as canastras que están no aparcadoiro do Pavillón de Pedra Mámoa cara a Praza das Brañas.

Cidadáns exisiu que se faga cumprir a ordenanza sobre terrazas en tódolos aspeitos, a excepción do aspeito fiscal que está pendente dunha modificación. José Manuel López Lago, voceiro de C´s sinalou que hai terrazas que teñen «cravos» nas beirarrúas, ou sillas e mesas que dificultan o tránsito de peóns e carros con bebés. Tamén pidiu a reparación de lousas soltas nas beirarrúas, especialmente na avenida das Brañas, pois xa provocou accidentes e caídas. Outro rogo é para que o Concello obrigue ás comunidades de veciños á reparación dos desagües pluviais dos edificios, posto que moitas edificacións verten directamente as augas pluviais á rúa, algo que sucede na avenida das Brañas, rúa do Carme, ou a Carreira de San Mauro.

No relativo á vía pública, o voceiro de Cidadáns demandou a regulación dos horarios de carga e descarga, no casco urbán, así como que se efectúen reparacións nos depósitos de auga de Landeira para evitar filtracións de auga na casa dun veciño.

powered by social2s