O desfile a cargo dos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal o venres 24 a partir das 12 horas marcará o inicio ás catro xornadas grandes das festas do Entroido de Negreira, do 24 ao 27 de febreiro, ca un ano máis terá no desfile de carrozas e comparsas do sábado de Entroido o seu momento culminante.
O Concello preparou un ano máis un amplo programa festivo que o venres 24 pola noite inclúe un baile de disfraces na Praza do Concello, amenizado polo grupo Fama, a partir das 23 horas e onde haberá carpa.
O sábado é cando toda a comarca de Barcala vive unha das xornadas máis agardadas do ano. O gran desfile de carrozas e comparas repartirá máis de 6.000 euros en premios:
Ás 16:00 h. Concentración no Campo da Feira.
Ás 17:00 h. Comezo do desfile.
Ás 18:00 h. Pregón no palco do Concello.
Premio mellor copla JUAN VARELA AREOSO: 100 euros.
Ao rematalo desfile segue a festa coa actuación da orquestra Suavecito, na carpa instalada na Praza do Concello.
O domingo 26 e coma principal novidade, engádeselle a celebración da I Festa dos Callos, a partir das 10:00 horas na Praza do Concello, organizada pola SD Negreira. Pola tarde, haberá o baile de disfraces para maiores no Centro Sociocultural, a partir das sete da tarde:
Premio á mellor parella: Cea nun restaurante.
Premio ao mellor grupo (máximo 4 persoas): Xantar nun restaurante.
Premio á mellor caracterización: Cafeteira Tassimo2
E o luns 27 de febreiro, o gran colofón co Concurso infantil de disfraces, dende as cinco da tarde no Centro Sociocultural:
GRUPO A (1 a 6 anos)
1º Cheque agasallo (valor 100 €)
2º Lote Xogos Didácticos.
3º Lote libro
GRUPO B (7 a 16 anos)
1º Cheque regalo (Valor 200 €)
2º Tablet
3º Cámara de fotos dixital