O vindeiro 10 de decembro a partir das 16:30 h terá lugar a Carreira do turrón, unha proba non competitiva polas rúas de Negreira.
Nesta cuarta edición vanse a celebrar tres carreiras con distancias que van dende os 100 metros da categoría BIBERÓN ata os 4.000 metros dos ADULTOS, nunha xornada de festa, onde o menos importante é o resultado.
A inscrición é 𝗴𝗿𝗮𝘁𝘂𝗶𝘁𝗮 e, para participar, só tes que traer 1 𝗤𝗨𝗜𝗟𝗢 𝗗𝗘 𝗔𝗟𝗜𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢𝗦 que serán entregados aos 𝗦𝗲𝗿𝘃𝗶𝘇𝗼𝘀 𝗦𝗼𝗰𝗶𝗮𝗶𝘀 do Concello para distribuilo entre as familias sen recursos de Negreira.
A inscrición está aberta ata o venres 9 de decembro, ás 14:00 horas.
+ 𝗜𝗡𝗙𝗢: https://carreiradoturronnegreira.blogspot.com/
Gran acollida de participación a que tivo a 41ª Carreira Internacional «A Clásica» de Negreira, un evento deportivo de alto nivel na súa carreira de 10.000 metros que centrou a atención do numeroso público presente e os espectadores que seguiron a retransmisión deportiva pola Televisión de Galicia, que ofreceu íntegra a proba da 10K.
Como era de agardar, o dominio africano foi total para definir o pódium. O keniano Peter Kariuki baixou dos 30 minutos cun tempo de 29 minutos e 19 segundos, gañando a proba e levándose un premio económico de 900 euros; seguido a 13 segundos polo seu compatriota Nehemiah Kipyegu, quen obtivo un premio de 500 euros. Ambos viñan de ser primeiro e segundo, no recente Cross Internacional de Zaragoza, ademáis de vencer na 10K de Calatayud.
Os marroquíes, Youssef Ben Hadi e Mohamed El Tahaoui, foron terceiro e cuarto, respectivamente, cun premio de 300 e 200 euros. E Alejandro Fernández –último gañador en 2019-, foi quinto (100€) e o primeiro galego en meta cun tempo de 32:57 por diante de Amador Pena, sexto. Para eles sería os premios económicos de 200 e 100 euros como mellores galegos, e Rubén Liñares sería terceiro.
A continuación chegaría a primeira atleta feminina, Joselyn Daniely Brea, no sétimo posto da xeral cun tempo de 34:23 e que levouse un premio de 900 euros. A súa irmán Edymar Daniely Brea foi segunda (500€), ocupando o posto 16 na xeral, e Sandra Mosquera, a terceira muller no posto 31 e cun premio económico de 300 euros, ao que lle sumou o de primeira galega (200€), seguida por Inés Pampín (100€), e Rocío Alvite, terceira galega e premio de 50€.
En canto á participación local, salientar que Jorge Crespo Arias e Luís Calvo, quenes entraron xuntos en meta, foron os primeiros nos postos décimo e undécimo, respectivamente. Terceiro foi Abelardo Soler. E no cadro feminino, subraiar que Alba Pérez Nieto, do Atletismo Negreira, no posto 166 foi a primeira en cruzar a liña de meta, seguida de Marta Losada (posto 262), e de María José Suárez, no posto 332 da xeral. Os tres primeiros locais obtiveron premios de 100, 50 e 40 euros, respectivamente.
Carreira 5K
O vencedor foi Daniel Álvarez que mantivo un reñido pulso co xoven Abel Vila, entrando os dous case que á par. O gañador fixo un tempo de 16 minutos e 53 segundos, sacándolle dous segundos ao seu rival. Terceiro foi Lucas Pena, a vinte segundos. E no cadro feminino, a vencedora foi Carolina Mastawesha (19.01), e segunda foi Esther Pedrosa, mentres que terceira quedou a Sub16 Daniela Rama.
No apartado local, o vencedor masculino foi Carlos Martínez Mayo, que foi oitavo cun tempo de 18:06 e Ramón Pérez, segundo, con 19:02, ambos do Atletismo Negreira. Terceiro foi Alae Elissaoui con 10:14.
Por último, no apartado feminino, salientar que a gañadora no apartado local foi Irma Oroña, posto 70 da xeral, seguida de Alba Forján (cuarta Sub16 na xeral e primeira local), e Raquel Castillo, que foi terceira sénior na xeral.
Finalmente, na terceira carreira de infantís e alevíns, destacamos o primeiro posto de Jun Sieira, do Club Atletismo Negreira, quen se impuso con total superioridade ao resto de participantes e entro usó n aliña de meta. A primeira feminina foi Paula Fernández. En benxamíns, Xoel Lires e Aitana García, foron os vencedores.
Clubes
O Atletismo Sar foi primeiro, con 302 puntos; seguido do Compostela Atletismo, con 1.510 puntos. A terceira praza foi para Ginásio Clube de Bragança, con 1.705 puntos. O premio para o centro educativo máis numeroso foi para o CEIP O Coto.
Durante a cerimonia de entrega de premios rendeuse unha pequena homenaxe ao presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, quen deixa o cargo logo de dezaséis anos e que será sustituido por Iván Sanmartín, ata agora, delegado da FGA en Santiago, que onte participo una 5K. O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, fíxolle entrega dunha placa de agradecemento a Isidoro Hornillos.
RESULTADOS
https://eventos.emesports.es/inscripcion/xli-carreira-popular-de-negreira/clasificaciones/
O Concello de Negreira informa que o martes, día 15 de xuño, abrirán ó público para a tempada estival, as dúas piscinas municipais ao aire libre do Parque do Coto, prolongándose a tempada ata o día 15 de setembro.
O seu horario de apertura durante os meses de xuño e setembro será de 16:00 a 20:30 horas; e durante os meses de xullo e agosto, de 10:00 a 15:00, e de 16:00 a 20:30 horas. O prezo da entrada será de 1 euro.
Abonos
- Mensual: 10 €- Tempada: 20 €- Familiar: 30 €- Familia numerosa: 40 €
Cursos de nataciónDurante os meses de xullo e agosto, de luns a venres, e en horario de mañá, haberá cursos intensivos de todos os niveis dende os 2 anos, mediante o pago dunha cota de 8 euros, entregándose o xustificante do ingreso bancario e maila solicitude cuberta, na Delegación de Cultura e Deportes, na primeira pranta da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, 11), ou ben remitindo o impreso e mailo xustificante á seguinte dirección de enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Attachments: Solicitude abono.JPG Solicitude cursos.JPG
Con motivo da XLI Carreira Internacional “A Clásica” de Negreira, un dos maiores eventos deportivos do outono en Galicia, este domingo día 13 de novembro; infórmase á cidadanía e visitantes das principais rúas afectadas polo paso das carreiras, así como as zonas onde quedará prohibido estacionar dende a tarde do sábado.
A recomendación principal é non intentar acceder con coches ao centro urbano o domingo, a partir das 09:30 horas. Se o fan, eviten as zonas afectadas para non sufrir longas esperas. Para os residentes no centro de Negreira, a recomendación é non usar o coche e se precisan desprazarse por traballo e outras razóns, fágano antes das 09:30 horas.
A qué horas?
O circuito homologado de 5.000 metros para as carreiras de adultos 5K e 10K permanecerá pechado ao tráfico entre as 10:00 e as 13:00 horas.
Zonas afectadas
Con saída da rúa de Castelao, continúa polo instituto Xulián Magariños, parte alta de Rosalía de Castro, avenida das Brañas, rotonda de Ceilán –só un carril-, Pedra Mámoa, Cobas, parque empresarial, avenida de Barcala, rúa da Cachurra, rúa do Carme e chegada de novo a rúa de Castelao.
Rúas cortadas
Totalmente cortadas estarán a rúa do Carme, a rúa de Castelao e maila contorna do instituto Xulián Magariños.
Prohibido aparcar
Dende a tarde do sábado non se poderá estacionar na rúa de Castelao, rúa do Carme, a marxe esquerda da rúa da Cachurra e a contorna do IES Xulián Magariños.
Entradas a Negreira
Estarán afectadas polas carreiras 5K e 10K, a partir das 09:45 horas, a entrada dende A Baña e a Variante –rotonda de Ceilán-, a través da avenida das Brañas, e maila avenida de Barcala dende a intersección do parque empresarial de Cobas.
Totalmente libres ao tráfico permanecerán as entradas polas estradas provinciais do Marco do Cornado, Pontenafonso e Urdilde –zona do campo da feira-, e maila avenida de Santiago. Neste caso, estará prohibido o xiro á dereita de subida pola rúa Fonte do Carme, desde a rotonda da fonte das vacas, polo que recoméndase aos condutores non intentar acceder ao centro urbano por esa zona.