obradoiro2903172.jpgVinte alumnos/as remataron a súa andaina de seis meses na etapa de formación e traballo, promovido polo Concello de Val do Dubra en colaboración con Negreira e A Baña, cuxos alcaldes presidiron o acto de entrega dos diplomas de certificación de profesionalidade nivel 1, entre eles, sete veciños/as do noso concello.

 

Á clausura asistiu Isidoro Martínez, xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia, quen puxo en valor este tipo de programas mixtos de formación e emprego. Neste caso, o Obradoiro de Emprego Barcala-Dubra II contou cunha achega de 180.000 euros, con dous módulos: operario auxiliar de acabados ríxidos e urbanización e operario auxiliar de revestimentos continuos en construcción.

 

obradoiro2903171.jpg

 

Os alcaldes de Val do Dubra, Negreira e A Baña, Antonio Negreira, Jorge Tuñas Caamaño e Andrés García Cardeso, respeitivamente, acompañaron aos participantes e mailo profesorado, xunto coa asistencia do concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Ángel Leis Míguez, e maila concelleira de Emprego, Mar García Vidal, e maila súa homóloga da Baña, Alicia Blanco Sande.

 

Cabe lembrar que os tres concellos, xunto ao de Santa Comba, veñen de solicitar un novo proxecto de obradoiro de emprego que para o 2017 pasará a ter unha maior duración, de nove meses, e para dúas modalidades: Operacións auxiliares e revestimentos continuos en construcción e, de auxiliar de axuda a domicilio. Ofertará vinte prazas -dez por módulo- dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos.

 

En Negreira, os alumnos-traballadores realizaron o pintado interior da Escola Unitaria de Aro, así como o adecentamento da fachada do edificio do antigo instituto, xunto co formigonado dunha rúa do Parque do Coto e maila parte traseira do Pavillón de Pedra Mámoa.

powered by social2s