Este sábado arrinca a programación do Nadal do Concello de Negreira coa II Quedada BTT Solidaria que organiza a Asociación Deportivo e Cultural Bttavernas, cuxa saída será ás 10 horas dende o Instituto Xulián Magariños, e onde cada participante poderá entregar un quilo de alimentos non percedeiros que posteriormente vai ser remitida aos Servizos Sociais do Concello.

 

O domingo 18 pola tarde chega un dos pratos fortes co Gran Festival de Nadal, organizado pola Asociación Cultural e Folclórica Veiga do Cotón, a partires das 18 horas no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

A actuación dos títeres de Caramuxo, coa obra ¨Feo¨, o martes 20 ás 11 horas no Auditorio, marca as xornadas previas aos días grandes do Nadal, incluíndo o mércores 21 a Audición de Nadal do alumnado da Escola Municipal de Música, ás 19 horas no Auditorio.

 

Non faltarán os obradoiros Divernadal, do 22 ó 30 de decembro, polas mañás na entrada ó Centro Sociocultural. De 7 a 11 anos, de 10:30 a 12:00 horas, e de 4 a 6 anos, de 12 a 13.30 horas. O prezo é de 5 euros.

 

O xoves 22 haberá un Maratón Solidario de Bike, na Piscina Municipal de Pedra Mámoa, de 17 ás 22 horas. Nestas instalacións celebrarase outro maratón solidario, desta volta de Zumba Kids e Pilates, o venres 23 a partir das cinco da tarde. Tamén o venres 23 haberá un Torneo de Xadrez, de sete a nove da noite na Casa da Cultura.

 

Belén de cumios

 

Unha das actividades carismáticas do Nadal como é o Belén de Cumios vaise celebrar o sábado día 24 pola mañá coa subida ó monte da Pena. A saída será ás 09:30 horas desde o Campo da Feira, e os interesados deberán anotarse en Cultura e Deportes.

 

O luns 26 teremos unha proxección de cine, ás 18 horas no Auditorio e, o martes 27 será a quenda para o teatro coa Escola Municipal, tamén ás seis da tarde no Auditorio.

 

En xaneiro

 

Xa metidos no novo ano, o luns día 2 haberá cine, ás seis da tarde no Auditorio, mentres que o xoves día 5 chegará a Gran Cabalgada dos Reis Magos, coa recepción ás seis da tarde no balcón da Casa do Concello e remate do percorrido real no Pavillón do Colexio do Coto, coa entrega de agasallos aos nenos/as.

 

Outras actividades

 

Torneo de Padel (sábado 7), no Comprexo Deportivo de Pedra Mámoa e, o XXV Torneo de Kárate O Coto (sábado 21), dende as seis da tarde no Pavillón de Pedra Mámoa.

 

powered by social2s