Saludo del alcalde

M. ÁNGEL
LEIS
MÍGUEZ

Alcalde de Negreira

 

AYUNTAMIENTO DE NEGREIRA

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
De 9:00 a 14:00 (de lunes a viernes)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA

Saludo del Alcalde

Benvidas e benvidos á páxina web do Concello de Negreira, unha ferramenta virtual que pon nas vosas mans todos os sevizos e información que ofrece este pobo acolledor. É un pracer para min e o noso equipo de goberno representar a esta vila, asentada no epicentro do Val de Barcala cunhas paisaxes cheas de encanto e multitude de servizos para a veciñanza.

O noso concello é un referente na comarca tanto pola súa programación cultural e deportiva como de lecer, cunha ampla oferta de actividades que se programan anualmente e cunhas instalacións deportivas que son a envexa de moitos concellos da contorna. Coñecida é tamén a nosa ambición por potenciar a Escola de Música coa oficialización conseguida no ano 2018 polo noso goberno; a Radio Municipal, de gran interese para os milleiros de oíntes que día a día gozan da súa programación, ou que dicir do Camiño de Fisterra, un potencial económico que teremos que seguir mimando e coidando de cara ao vindeiro Xacobeo 2021 porque sabemos da importancia e repercusión que terá na nosa hostalaría e comercio como fonte de ingresos para moitas familias do noso municipio. Aínda sendo un concello rural, somos conscientes da riqueza que poden xerar proxectos emprendedores, así como a instalación de novas empresas que se poidan instalar no parque empresarial e que xerarán postos de traballo para toda a contorna.

Nos últimos catro anos centramos os esforzos en facer de Negreira un lugar mellor, e sendo conscientes de que queda moito por facer, tentaremos ir sacando adiante novos retos como humanización de rúas, saneamentos, abastecementos, construción e mellora de instalacións deportivas e potenciar os programas de axudas sociais para toda a veciñanza.

Este é o meu compromiso e o deste goberno co noso Concello e con esforzo, traballo e ilusión, poderemos acadar entre todos unha mellor calidade de vida e benestar para a nosa veciñanza e todas as persoas visitantes.

AYUNTAMIENTO DE NEGREIRA

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
De 9:00 a 14:00 (de lunes a viernes)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA