A Deputación da Coruña vén de rematar o proxecto de mellora da seguridade para peóns no acceso á vila de Negreira pola estrada provincial dende Urdilde (DP 1302), estreando una senda peonil tras un investimento de 75.400 euros, respostando así, a unha antiga demanda dos veciños da zona para que se mellorase a seguridade peonil pola perigosidade do tránsito a pé neste punto.

 

Os traballos consistiron na construcción dun primeiro tramo dunha senda peonil de formigón, asentada sobre unha capa de zahorra artificial e limitada con bordillo nos primeiros 420 metros da DP 1302, que coincide no seu inicio coa rúa Malecón, para o que houbo de levarse a cabo a demolición dos pavementos e pasos salvacunetas existentes, así como o desbroce da superficie, retirando a maleza e árbores existentes na zona.

 

O segundo tramo, que discorre pola marxe dereita, dipón dun ancho total de 1,20 metros e discorre a unha cota lixeiramente inferior á da estrada e conta con sistema de recollida de pluviais. Finalmente, no terceiro tramo, na zona máis urbana, a beirarrúa discorre pola marxe esquerda no acceso rodado á praza do Cotón. Todas as obras foron adaptadas para garantizar a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas. Tamén se instalou unha rede de recollida de augas pluviais.

 

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, visitou os traballos co arquitecto municipal, Alfredo Varela, sinalando que o Concello compretará agora as melloras na zona colocando unha nova iluminación na zona de subida cara A Abeanca. Tamén quiso agradecer a dispoñibilidade dos veciños que accederon a derrubar o seu peche para permitir o paso da beirarrúa e habilitar un carril de acceso e saída das casas.

 

 

powered by social2s