A campaña de inverno para rapaces e rapazas nados entre os anos 2002 e 2006 residentes en calquera municipio da provincia, xa está en marcha por parte da Deputación da Coruña. Os participantes gozarán de cinco días na estación invernal de Leitariegos (León), ademáis de participar en cursos de esquí.

 

As inscricións pódense formalizar ata o día 23 de xaneiro na Delegación de Cultura e Deportes. A campaña desenvolverase desde o 19 de febreiro ao 31 de marzo, e a quenda que lle corresponde a o noso concello é a que vai dende o 19 ó 24 de marzo. A Negreira se lle adxudican 4 prazas.

 

As viaxes teñen un custe por participante de 95 euros e inclúen transporte, estadía de cinco días en Leitariegos, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

 

A estación invernal de Leitariegos sitúase no noroeste da provincia de León, na comarca de Laciana, nun excepcional paraxe natural reserva da Biosfera que limita co Principado de Asturias, e conta con 10 pistas balizadas de distintos niveis (5 vermellas, 4 azuis e unha verde) e un snowpark, así como unha escola na que se ofrecen clases de esquí e snwoboard.

powered by social2s