Este domingo 28 de febreiro haberá feira e o venres 26 ábrense as instalacións deportivas municipais.

 

O Concello de Negreira informa que a reapertura das instalacións deportivas municipais producirase este venres 26 de febreiro, xornada na que entran en vigor as novas medidas de desescalada da terceira vaga da pandemia que foron dictadas pola Xunta de Galicia.

 

Asemesmo, infórmase que a partir do luns día 1 de marzo retómanse as Escolas Deportivas e Culturais, cuxa actividade fora suspendida no mes de decembro polo incremento das medidas restrictivas debido á mala evolución da pandemia sanitaria. Estas actividades levaranse a cabo en grupos dun máximo de catro persoas, e sempre co uso de máscara de protección.

 

En canto á actividade da Escola Municipal de Música, continúa coas clases en liña polo menos ata o venres 26 de febreiro, agardando á publicación do decreto da Xunta de Galicia que recollerá as novas medidas de cara a unha completa volta ás clases presenciais de todo o alumnado.

 

Volve a feira

Por outra banda, o Concello informa que a partir do domingo 28 de febreiro retómase a feira dos domingos coas medidas sanitarias vixentes que xa existían antes da súa suspensión o pasado 27 de xaneiro.

 

powered by social2s