pessoa250119.jpgO profesor e escritor, Carlos Quiroga, considerado o maior «pessoano» en Galicia, que é como se coñece aos especialistas na vida e obra do poeta portugués, Fernando Pessoa, un dos máis importantes da literatura mundial, estivo onte cos alumnos de lingua portuguesa do instituto Xulián Magariños, nun encontro promovido pola profesora Nuria Araúxo e logo, pasouse polos estudos de Radio Negreira, contando coa participación do alumnado módulo de Promoción turística, do Obradoiro de emprego Xallas-Barcala-Dubra IV, para falar sobre o seu libro: As raíces de Pessoa na Galiza.

 

Carlos Quiroga afonda na súa investigación sobre as orixes galegas de Pessoa, sinalando que: «Hai tres apelidos relacionados coa zona que teñen que ver con Pessoa. O pai era Manuel de Lens, oriundo ou de Liñaio ou de Aro. No casamento dos pais fala de Aro, máis no nacemento dunha irmá, fala de Liñaio, ou mesmo de Lens, porque o pai era Manuel de Lens, o mesmo que a nai era Antonia do Maio».

powered by social2s