Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, a emblemática compañía de novo circo galego da o seu mortal máis arriscado: OUTONO, un novo espectáculo no que reúne aos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda, facerse maior. A estrea terá lugar este sábado, no Auditorio do Centro Sociocultural de Negreira, a partir das 19:00 horas.
OUTONO é unha homenaxe aos pallasos clásicos, contada a través dunha compañía de clowns en plena crise. Un espello no que se miran os artistas e as súas personaxes, unha carpa caída onde se suceden as estacións.
OUTONO é un espectáculo de teatro-circo con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado, unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor.
Intérpretes: Aitor Garuz, Manu Lago, Natalia Outeiro "Pajarito" e Pablo Reboleiro
Dirección: Antón Coucheiro
Dramaturxia: Antón Coucheiro
Produción: Belém Brandido, José Expósito
Escenografia: Uxia Vaello (deseño carpa e realización atrezzo)
Vestuario: Uxia Vaello
Música: Xabier Mera
Iluminación: Javier Quintana
Son: Ghato
Canción "Idiota": José Díaz
Apoio Dramaturxia: Marcos Carballido
Maquillaxe: Trini F. Silva
Axudante Maquillaxe: Irene Maneiro Paz
Sastra: María Villas con Maravillas Atelier
Deseño Imaxe: Juan Gallego
Foto promocional: Afonso G. Sestelo
Fotos espectáculo: Lara Rozados
Comunicación: Pistacatro Productora de Soños S.L.
Distribución: Pistacatro Productora de Soños S.L.
Agradecementos: Concello de Santiago, Concello de Negreira, Circonove, Centro Cultural Santa Marta, Xesús Ron, RTA e Javier Ovejero. A Borja Fernández e Alfonso Medina por ser cómplices e artífices do nacemento da compañia Pistacatro e a toda a xente que traballou, colaborou ou apoiou dalgún xeito ó longo de todos estes anos a Pistacatro e ó proxecto Circonove.