Este sábado celébrase o XXIII Trofeo de kárate «Vila de Negreira», a partir das 16:00 horas no Pavillón Municipal de Pedra Mámoa, promovido pola Asociación Deportiva O Coto, en colaboración co Concello de Negreira.
Na presente edición contarase con máis de 200 competidores con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos, pertencentes a 25 clubs de toda Galicia e da comunidade de Castela e León. A cita é coma sempre unha gran festa do kárate, con especial protagonismo para os máis novos, xa que son poucas as ocasións nas cales poden participar nun campionato de kárate.