entroido

Dende a Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreirra queremos anunciar a suspensión de todas as actividades do Entroido 2021, debido á actual situación de pandemia sanitaria pola Covid19 na que nos atopamos. A súa mala evolución obríganos a anunciar a cancelación da programación prevista para a semana do 12 ao 15 de febreiro.

 

É unha decisión tomada con responsabilidade institucional e informamos que se traballa nun programa de actos alternativos na rede, adaptado ás restricións vixentes durante os días de Entroido.

 

Estamos convencidos que o vindeiro ano poderemos celebrar unha festa das más importantes do noso concello e dende logo da comarca. Queremos recordar a todas as formacións que participaron no Entroido de Negreira, sobre todo ás que viñan de lugares tan lonxanos como de Portas, Vilagarcía de Arousa, Muros, Arzúa, Salceda de Caselas ou de municipios vecinos como a Baña, Teo, Santiago, Brión, Mazaricos, Outes, etc...

 

Non podemos esquecernos, como non, das asociacións de Negreira que todos os anos nos representan por toda Galicia con espectaculares carrozas e vistosas comparsas.

Grazas a todos e todas e, voltaremos a desfrutar do Entroido barcalés!!

powered by social2s