Este evento, que se converteu nun dos festivais máis importantes da comarca, pretende dar a oportunidade a grupos amateur, de compartir escenario con grupos profesionais.Nesta edición o Nicrarock da un xiro importante no seu contido e vai a ser un festival Tributo, en homenaxe a dúas das formacións máis importantes da historia da música: QUEEN e AC/DC.

O Festival Nicrarock ten lugar o venres 14 de xullo, a partir das 22:00 horas no Parque do Coto, con entrada de balde.

 

Mckuin

Este grupo ferrolán está considerado un dos mellores grupos tributo a "Queen", de España. Despois de 17 anos sobre os escenarios, tocaron nos mellores festivais e nas máis importantes salas de concertos da nosa xeografía. Este ano encabezan o noso festival, nunha edición tributo os mellores grupos da historia da musica rock.

 

Riff Raff

Riff/Raff levan 22 anos sendo a mellor banda tributo do país. Fundada en 1995 por Toñito e Tomás, cantante e guitarrista do grupo, tocaron por toda Galicia e a península Ibérica, teloneando a grandes bandas como Whitesnake, Los Suaves, Rosendo e moitos máis. O resto dos seus membros son: Sergio Vázquez (baixo); Roberto Pérez (guitarra), e Sito Sandá (batería). Unha banda coa que podes pechar os ollos e sentir que escoitas ós auténticos AC/DC en Negreira.

 

Calle del ruido

É unha banda que fusiona rock, metal e efectos dixitais coa fin de crear un estilo persoal e difícil de clasificar. Foi fundada en xaneiro de 2010 por Tomás Parrado, a cal se uniron posteriormente Enrique Tilve, Manuel Martínez e Antonio Rebolo, tendo a súa orixe en Meis (Pontevedra).Tras actuar en directo en  distintos festivais, salas e locais, presentando repertorio e facendo unha primeira toma de contacto co público, a finais de 2011, deciden grabar a súa primeira maqueta, de corte máis persoal.

Un dos concertos o que máis cariño lle teñen, foi o realizado en Negreira para telonear nas festas de San Cristovo ao grupo "Astarot".

 

powered by social2s