Cartaz

Presentamos as actividades do Entroido 2021 no noso concello; unha celebración que por mor das restricións vixentes derivadas da Covid19, toca facelo dende a casa. Anímate e participa nunha edición distinta pero na que poderemos pasar un bo rato.

É moi sinxelo, entre o 8 e mailo 17 de febreiro, só tes que disfrazarte de forma individual, en parella ou en comparsa familiar (só podes participar nunha categoría das mencionadas), e únicamente, os membros da unidade familiar (persoas conviventes).

Unha vez disfrazados/as, tes que sacar unha foto ou facer un vídeo (pódese realizar unha pequena coreografía, canción, baile… aínda que non é imprescindible).

É obrigatorio o uso de máscara, xa que así demostramos que a foto ou vídeo é deste ano. Despois, tes que descargar o Anexo I, na web: www.concellodenegreira.gal, imprímea, cubrea e asina a mesma.

O último paso sería enviar a fotografía (en formato JPG ou PNG) ou o vídeo (que non exceda de 30 segundos), ao número de teléfono 650 358 044 ou ao correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.; e tedes de prazo dende o 8 ao 17 de febreiro (ambos incluidos).

Poden concursar veciños de Negreira e de fora do concello, e os premios serán VALES AGASALLOS, para gastar nos locais comerciais e/ou hostalaría de Negreira.

Vive o Entroido barcalés!

 

powered by social2s