par_pena_obradoiro27032019.jpgEsta convocatoria enmárcase dentro do Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, cofinanciado cunha porcentaxe do 91,89 % pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo.

 

Durante o mes de febreiro e o presente mes de marzo, executouse no noso concello varias actuacións da programación do Obradorio de emprego Xallas-Barcala-Dubra V, promovido polo Concello de Santa Comba en colaboración cos concellos de Negreira, A Baña e Val do Dubra, consistentes en mellorar a ocupabilidade de dezaseis alumnos traballadores, a través dá súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social.

 

paflu_rastreva_obradoiro27032019.jpg

 

 

Actuacións en Negreira

 

Executouse a limpeza das seguintes parcelas municipais: Na Área recreativa de Campolongo; área do albergue e a área recreativa en Vilaserío; pista polideportiva de Pesadoira; campo da festa de Alvite; pista polideportiva en Bugallido; campo de fútbol de Landeira; área recreativa de Marcelle; área do cruceiro de Piaxe-A Pena; campo de fútbol de Liñaio; campo de fútbol de Gonte; área recreativa de San Vicente; área recreativa do Refuxio de Covas; paseo fluvial da Restreva; área casa da Barquiña; paseo fluvial do parque empresarial de Covas; contorna do Comprexo Deportivo de Pedra Mámoa; parque do Coto; campo de fútbol de Portor, e contorna do depósito de incendios de Padín, na parroquia de Covas.

 

As vinte actuacións levadas a cabo no noso concello abarcaron un área de máis de 250 quilómetros, e isto foi debido tanto pola súa diversidade coma a súa diseminación e heteroxeneidade dos puntos nos que se debía levar a cabo os traballos a executar, englobando a máis de dez parroquias de Negreira.

 

As tarefas realizadas consistiron na limpeza, desbroce, acondicionamento ou mantemento... Obtendo un eixe común de mellora e conservación de montes en todas elas que era o obxetivo do propio certificado de profesionalidade impartido neste Obradoiro de emprego.

 

par_portor_obradoiro27032019.jpg

powered by social2s