apego131217.jpgDespois de recibir o Premio Rosalía de Castro de Lingua 2017, que concede a Deputación da Coruña, o proxecto Apego acaba de ser galardoado tamén co Premio da Cultura Galega 2017 na modalidade de lingua.

 

Este proxecto naceu para incentivar e facilitar a socialización en galego das nenas e dos nenos desde a primeira infancia, e o traballo, que cómpre fortalecer para ese obxectivo, está sendo recoñecido, algo que desde a organización agradecen e polo que, ademais, felicitan a toda a comunidade Apego.

 

O conxunto de galardóns destes Premios da Cultura Galega 2017, que concede a Xunta de Galicia, son Xohana Torres (Letras), Berta Cáccamo (Artes Plásticas), Mabel Rivera (Artes Escénicas), Uxía (Música), Óliver Laxe (Audiovisual), o Proxecto Apego (Lingua), a Fundación Rosalía (Patrimonio Cultural) e Cristina Pato (Proxección Exterior) [+info completa no web da Xunta: https://i.gal/aqExb]

 

Apego é un programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma, para o que se desenvolven materiais, facilítanse e difúndense recursos, deséñanse e prográmansen actividades para nais e pais e para nenos e nenas, etc.

 

Esta iniciativa, posta en marcha en 2015 e nacida no seo da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), é desenvolvida desde os servizos de normalización lingüística de 30 concellos: A Baña, A Coruña, Ames, Carballo, O Carballiño, Carnota, Cee, Ferrol, Lugo, Mazaricos, Moaña, Muros, Narón, Negreira, Nigrán, Oleiros, Ourense, Ponteceso, Pontevedra, Ponteareas, Redondela, Rianxo, Ribadeo, Rois, Sada, Santiago de Compostela, Teo, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Vimianzo.

powered by social2s