diputacion140319.jpgA Deputación da Coruña e 74 concellos da provincia, entre eles o Concello de Negreira, estrean as súas renovadas sedes electrónicas, que permiten á cidadanía interactuar dun xeito máis áxil e intuitivo co seu concello ou coa Deputación sen horarios nin esperas, realizando xestións sen moverse do seu domicilio ou oficina e dun xeito completamente seguro.

 

A sedes electrónicas funcionan as 24 horas e durante os 365 días do ano e permiten realizar algúns trámites cotiáns ante a administración como o envío de solicitudes (inscrición en actividades, reserva de instalacións deportivas, solicitude de axuda a domicilio, licenzas de vados, ou subvencións…), ou a validación de documentos electrónicos ou a consulta de expedientes e notificacións.

 

Acceso máis simple

 

As novas sedes adaptánse á nova lexislación en materia de protección de datos e permiten o acceso identificándose con clave segura, polo que xa non será necesario instalar ningún software ou hardware adicional e os trámites poden realizarse dende calquer dispositivo móbil (ordenador, teléfono, tablet…).

 

A nova plataforma conta ademáis con máis certificados de autoservizo, como a posibilidade de xerar certificados de empadroamento.

 

A día de hoxe, os trámites realizados a través das sedes electrónicas da Deputación e os concellos da provincia, sumadas ás que proceden do Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR), xa superan as entradas efectuadas nos rexistros de forma presencial.

powered by social2s