romanico 1.jpgNa mañá deste venres presentouse oficialmente a XII Feira do Románico de Negreira. O acto tivo lugar na praza do Cotón ás 11h e nel o alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, avanzou algúns detalles da programación deste ano, se ben aínda non está pechada de todo.

 

O rexedor anunciou, entre outras cuestións, que haberá animación musical e teatral continua nas rúas e que desta volta se vai apostar especialmente polas actividades para nenos e nenas. Durante toda a fin de semana do 24 ao 26 de agosto haberá mercado de artesanía, campamentos e exposicións, exhibicións de cetrería, demostracións de voo e de oficios; entre outras propostas.

 

A Feira comezará o venres ás 18h, día no que pola noite haberá un espectáculo de lume. O sábado o mercado abrirá ás 11h e desenvolveranse actividades durante toda a xornada co colofón dun espectáculo pirotécnico á medianiote, seguido dun concerto de Wyrdamur. A despedida da Feira será o domingo arredor das 23h cun espectáculo musical e teatral de rúa.

 

Na súa intervención o alcalde insistiu na necesidade de que haxa un bo clima de convivencia. Fixo fincapé no cumprimento das normas e dos horarios para que o Románico manteña a súa esencia de mercado medieval, máis alá da festa nocturna que o rodea.

powered by social2s