Dende este venres 27 ao domingo 29 de Nadal, na Praza do Cotón, a carón do pazo e a capela, celébrase o Mercado de Nadal con dezaseis postos de artesanía e gastronomía, ademáis de obradoiros infantís e música en vivo, nunha carpa con calefacción.

 

O venres 27, ás dez da noite, haberá o concerto do grupo folk Queicoa; e o sábado, desde as once da noite, farao o grupo de rock Brinkadelia Troupe, mentres que desde as cinco da tarde haberá un obradoiro de chapas e globoflexia.

 

O domingo teremos unha animada sesión vermú, cos músicos locais de Chop Trop, á unha e media da tarde, mentres que a partir das cinco desenvolverase un obradoiro con We are b, e un bingo infantil.

powered by social2s