gim 1.jpgO Pavillón de Pedra Mámoa acolleu o pasado sábado a gran festa anual da ximnasia rítmica na capital do Val de Barcala, cunha participación histórica de 200 nenas pola mañá na IV Gala, e de preto de 400 ximnastas na competición de tarde, no II Torneo Vila de Negreira.

 

Na mañá levouse a cabo a exhibición das ximnastas máis novas, entre elas, unha ampla representación da Escola Municipal de Negreira, acompañadas polos clubs de Oroso, Compostela, Squash e mailo colexio Os Tilos, de Teo, cun pavillón ateigado de público.

 

Á tarde, foi a quenda para a competición. Preto dunha trintena de clubs de toda Galicia déronse cita en Negreira. E pese ao gran nivel, a Escola Municipal tivo un papel destacadoacadando o terceiro posto en categoría Infantil/Cadete Escolar por conxuntos, e tamén un primeiro e terceiro posto, respeitivamente, en categoría Alevín individual, a cargo de Xiana García e de Lidia García.

 gim 2.jpg

 

O torneo que rematou ben entrada a noite do sábado, contou coa presenza do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, acompañado polo deputado responsábel de Economía e Facenda na Deputación da Coruña, Antonio Leira, e mailo concelleiro de Obras e Servizos do goberno local, Manuel Ángel Leis Míguez, quenes foron os encargados de entregalas medaias e agasallos.

powered by social2s