activo1.jpeg

Ás veces só tes que querer ver o que tes ao redor para facer un cambio substancial na sociedade. Os maiores convértense nos ninguén, os ningúns e en ocasións, os ninguneados. E máis, se nos adentramos en maiores de 60 anos que requiren de tratamentos especializados. É por iso, que o Concello de Negreira achegou o seu gran de area, xerando un espazo de envellecemento activo no que a prevención e a intervención directa son obxectivos prioritarios. Durante catro tardes á semana, realízanse implementacións en áreas cognitivas, físicas, de actitudes cara á vida e de integración comunitaria.

 

As persoas de Negreira que vexan necesidades no seu núcleo familiar ou veciñal poden dirixirse a Chus Cao (coordinadora do proxecto) para avaliar o caso e ver as posibilidades de traballo. O procedemento é o seguinte: Avaliación do caso; observación de debilidades e fortalezas; análises da súa posible inclusión no programa e de ser efectivo, realización dun programa individualizado onde se pechen días, horas e tipo de actuación.

 

activo2.jpeg

 

A día de hoxe, intervense en diferentes casuísticas e con variación de grao. Algúns obxectivos que se traballan son os seguintes:

- Recuperación e/o mantemento da perda progresiva de memoria.

- Mellora das dificultades motoras: alteración da execución motora ou apraxia, dificultade para a correcta execución de determinados movementos, rehabilitación da precisión e secuencia.

- Evocación de esquecementos daquilo que acaba de suceder.

- Reforzar a capacidade para planificar: integrar e coordinar distintas capacidades cognitivas para poder desenvolverse adecuada e independentemente na vida cotiá.

- Xestión emocional.

 

powered by social2s