noitesenvela 2023

Os Concellos de Ames e Negreira suman esforzos un ano máis na súa aposta por poñer en valor a paraxe natural de Ponte Maceira, e con tal motivo programáronse novamente as “ Noites en Vela”, un evento que xa é unha tradición para ambos municipios.

 

O acto dará comezo o venres 25 de agosto a partir das 8 e media da tarde e haberá iluminación especial cunha velada que amenizan as “Pandereteiras de Costaneira” e a agrupación “Tres Pesos”, para rematar cunha sesión de fogos de artificio e o acendido das velas no entorno da Ponte Maceira.

 

A Ponte Maceira foi declarada “Ben de Interese Cultural” no ano 2016, e na actualidade é un dos puntos turísticos máis importantes que temos na nosa contorna.

 

 

powered by social2s