A empresa pública Xestur, vén de publicar un novo concurso de solo empresarial a prezo bonificado que ofertará unha superficie total de 1,4 millóns de metros cadrados. Neste proceso de venda que a Consellería de Infraestructuras e Vivenda propón a comezos de cada ano, no Parque Empresarial de Negreira ofértanse un total de 15.585 metros cadrados, en 8 parcelas e cun prezo por metro cadrado dende 34,50 euros.

 

Os interesados poderán presentar ofertas de adquisición deste solo ata o día 18 de marzo. Unha vez rematado o concurso de compravenda, as parcelas non adxudicadas poderanse vender directamente, nas mesmas condicións, prezo e bonificación que as fixadas para o concurso.

 

Aqueles que adquiran parcelas mediante este sistema bonificado, quedan obrigados a construir as súas instalacións e obter licenza de actividade no prazo máximo de tres anos dende a sinatura da escritura de compravenda.

 

Ademais da adxudicación en compravenda, a empresa Xestur tamén adxudica solo empresarial en dereito de superficie, polo que as empresas adxudicatarias pagan un canon anual moi reducido: 1,5% do prezo da parcela os dous primeiros anos; 2,5% o terceiro e cuarto ano, e o 3,5% a partir do quinto ano. Isto significa que en Galicia haxa solo empresarial dispoñíbel dende 0,38 euros por metro cadrado e ano.

powered by social2s