Galeuropa, o programa de prácticas laborais non remuneradas subvencionado pola Consellería de Política Social en países europeos, ofrece a 21 candidatos a posibilidade de realizar prácticas en Finlandia, Portugal e Reino Unido. Estan incluidos os gastos da viaxe, a manutención e o aloxamento, así como o seguro de responsabilidade civil, de accidentes e o seguro médico, no caso de que a persoa participante non teña dereito á tarxeta de saúde europea.

 

A finalidade do programa é reforzar a empregabilidade da mocidade, así como as súas competencias profesionais. As prácticas terán unha duración de dous a catro meses, cunha duración mínima de 100 horas mensuais.

A iniciativa está promovida polo concello de Negreira en colaboración co concello do Val do Dubra, e o prazo de inscrición remata o venres 22 de xullo ás dúas da tarde.

powered by social2s