proc_sancristovo020718.jpgConta atrás para a celebración dos festexos de verán na vila de Negreira. Do xoves 5 ó domingo 8 de xullo, cuxo programa desgranamos para estes catro días de festa na capital do Val de Barcala:

 

Xoves 5

Comezo das festas ás 23:00 horas na praza do Concello, coa verbena a cargo da orquestra Olympus de Negreira e mailo grupo América de Vigo.

 

Venres 6

Festivo local en Negreira. Ás 10:00 horas pasarrúas coa agrupación musical Tíralle do aire.

Ás 13:00 horas - Concerto da Banda Ateneo de Negreira, na rúa do Carme.

Ás 20:00 horas - Pasarrúas con Tíralle do aire.

Ás 23:00 horas - Sesión de noite coas orquestras Kubo e Finisterre, na praza do Concello.

 

Sábado 7

Ás 12:00 horas - Misa na honra a San Cristovo, na capela do Cotón. Ao rematar, comezará á procesión motorizada pola Abeanca, A Chancela, avenida de Santiago, As Brañas, avenida de Barcala, rúa da Cachurra e Carreira de San Mauro. Posteriormente, xantar campestre no Refuxio de Covas.

Sesión vermú co grupo de gaiteiros Fumes de cal, de Cee.

Ás 17:00 horas - Torneo de Chave, na praza das Brañas.

Ás 20:00 horas - Pasarrúas amenizado pola charanga Os Celtas.

Ás 23:00 horas - Verbena coa orquestra Santiago e Johnny Maquinaria, na praza do Concello.

 

Domingo 8

A partir das 10:00 horas comeza a XIV Feira Cabalar, na chaira a carón do instituto Xulián Magariños. Haberá ruta cabalar, concursos de salto, xincana e pulpeira.

E como tódolos anos, na parte final da rúa de Castelao estarán instaladas as atraccións de festa como a pista de coches eléctricos, o saltamontes, o dragón, camas elásticas, o gusano, tirachinas, unha pista de coches eléctricos infantil, quads, o carrusel, ou inchables.

powered by social2s