muineira280518.jpgO vixésimo sexto Día da muiñeira de Negreira, e mailo vixésimo segundo Concurso folclórico organizados polo Concello de Negreira e maila Sociedade Cultural e Folclórica Veiga do Cotón, reunió o pasado domingo a más de douscentos participantes de diferentes agrupacións das provincias da Coruña e Pontevedra, nun evento que baixo a ameaza da choiva celebrouse no Auditorio do Centro Sociocultural, despois do tradicional desfile que partiu do Pazo do Cotón.

 

No concurso folclórico, o grupo Algueirantes, de Pontevedra, fíxose co primeiro premio, seguido de Os Pillabáns, da Asociación Cultural Xacarandaina, da Coruña, e do grupo Os Cascarilleiros, tamén da Coruña. Tamén tomou parte no certame o grupo de baile Breogán, de Brens (Cee).

 

ganadores280518.jpg

 

O Día da muiñeira supuso un ano máis, o broche ó curso da Escola Municipal de Baile Tradicional, que dirixe Manuel Figueira, contando coa participación do seu alumnado, así como dos grupos de Veiga do Cotón, da asociación Churia de Zas, ou da asociación de danza tradicional Terra de Ames, entre outros, xunto ao acompañamento musical de Os Jaitas Blue.

 

A concelleira de Cultura, Flora Grille Novío, e a concelleira de Educación e Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas, fixeron entrega dun agasallo a tódolos grupos participantes. 

powered by social2s