Coincidindo co día grande do Entroido barcalés, o programa de televisión “Aquí Galicia” achégase este sábado ata Negreira, lugar de nacemento de persoeiros como  o abogado e escritor, Xulián Magariños Negreira, un dos membros fundadores do Seminario de Estudos Galegos, ou tamén lugar do famoso trovador medieval Afonso Eanes do Cotón.

 

O programa da Televisión de Galicia que comeza a partir das 16:30 horas dende a Praza do Concello vivirá o Gran desfile de carrozas e comparsas con conexións en directo a pé de rúa e coñeceremos de primeira man como se prepara unha comparsa de Negreira que participa no desfile.

 

O programa visita algúns dos puntos turísticos, espazos naturais e patrimoniais característicos do concello de Negreira:

 

Ruta dos 3 Pazos - percorrerase o roteiro de sendeirismo para coñecer o Pazo do Cotón, o de Baladrón e mailo da Albariña.

 

Camiño de Fisterra – compartiremos cos peregrinos un treito da ruta xacobea que nos leva dende Santiago ata Fisterra.

 

Espazos naturais – Mirador do Monte do Cotro, na parroquia de Santa Cruz de Campolongo; santuario de San Xoán do Carballoso, na parroqia de Xallas; Pontemaceira e o río Tambre.

 

Patrimonio – coñeceremos os encantos patrimoniais de Negreira, entre eles: o monumento ó peregrino; ao emigrante; as casas caribeñas da vila; a que foi Escola dos americanos de Cobas, ou a igrexa de San Pedro de Gonte.

 

No apartado gastronómico, unha representación da Asociación de Veciños de Liñaio mostrará cómo é a Festa da Zorza, e teremos unha mostra de cómo prepara a SD Negreira a I Festa dos Callos, este domingo na propia Praza do Concello.

 

Ademáis, visitarase unha explotación leiteira e maila planta industrial de transformación e envasado da empresa Feiraco para coñecer o proceso compreto de elaboración do leite.

 

Poñen a música as orquestras Suavecito e El Combo Dominicano, e tamén haberá un desfile de moda.

powered by social2s