rodeiro.jpgO delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou onte mércores 18 de xullo o centro IES Xulián Magariños de Negreira no que este novo curso se implantará un novo ciclo de FP de “Sistemas microinformáticos e redes” e que ofrece 30 prazas.

 

Na provincia da Coruña a oferta de novos ciclos chega ata os 30 con 523 prazas. Cómpre lembrar que este ano, entre primeiro e segundo ciclo, hai máis de 51.000 matriculados en ensinanzas de FP en Galicia.

 

A oferta que tamén avanza na cidade e comarca de Santiago é a implantación da FP dual xa que se ofertarán 6 ciclos deste tipo de formación con 97 prazas. Esta FP dual é unha aposta do departamento educativo da Xunta de Galicia para impulsar a empregabilidade dos titulados e para axustar a formación profesional ás necesidades dos sectores produtivos.

 

Amplíase ademais a oferta en ciclos en réxime ordinario e de adultos con importante demanda de emprego, como o caso da familia de Informática e comunicacións en Negreira e Santiago de Compostela.

powered by social2s